Política de Privacidade – Plataforma Intelixente de Destinos (PID)
A presente Política de Privacidade describe como se tratan os seus datos persoais cando utiliza a Plataforma
Intelixente de Destinos (PID), que finalidades teñen eses tratamentos, en que se base a súa lexitimación, quen son os corresponsables do tratamento e como pode exercer os seus dereitos conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
1. Quen son os responsables do tratamento? (Triple corresponsabilidade)
De conformidade co disposto no artigo 26 do RGPD, os datos persoais recadados a través da Plataforma PID trátanse en réxime de corresponsabilidade polas seguintes entidades, que determinan de forma conxunta as finalidades e os medios esenciais do tratamento:
A) Ministerio de Industria y Turismo (MITUR)
- Nombre: Ministerio de Industria y Turismo
- Dirección: Paseo de la Castellana, 160, 28046 Madrid, España
- Teléfono: +34 91 349 46 40 Página web: https://www.mincotur.gob.es
El MITUR es el departamento del Gobierno de España responsable de la definición y ejecución de la política pública en materia de turismo, incluyendo el impulso de la digitalización del sector y el desarrollo de infraestructuras tecnológicas de ámbito nacional como la Plataforma PID.
B) Sociedad Mercantil Estatal para la Gestión de la Innovación y las Tecnologías Turísticas, S.A.M.P. (SEGITTUR)
-
Nombre: SEGITTUR, S.A.M.P.
-
Dirección: Paseo de la Castellana, 135, planta 16, 28046 Madrid, España Correo electrónico: administracion@segittur.es Página web: https://www.segittur.es
SEGITTUR actúa como corresponsable del tratamiento, participando de forma activa en la definición, gestión, operación y explotación de los datos tratados en la Plataforma PID, especialmente en lo relativo a la analítica, generación de indicadores, mejora de servicios, evolución funcional de la plataforma y soporte a la toma de decisiones en materia turística.
C) Destino adherido a la Plataforma PID
-
Nombre: Ayuntamiento de Pedraza
-
Dirección: Plaza Mayor, 11 40172 Pedraza
-
Contacto: 921509817
2. Quen pode utilizar a Plataforma?
A Plataforma Intelixente de Destinos (PID) está dirixida exclusivamente a persoas maiores de 18 anos.
Non se deseñan funcionalidades orientadas a menores nin se recaban deliberadamente datos persoais de menores de idade. No caso de que, por erro, se detecten datos de menores, estes serán suprimidos de forma inmediata.
3. ¿Qué datos se tratan?
En función dos módulos e servizos que se activen en cada Destino, poderanse tratar as seguintes categorías de datos persoais:
a) Datos identificativos e de contacto, como nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, número de teléfono ou identificadores de usuario.
b) Datos de uso e interacción coa Plataforma, como accesos, navegación, buscas, contidos consultados, favoritos, valoracións e comentarios.
c) Datos de perfil e preferencias, tales como idioma, franxa de idade, nacionalidade ou outros parámetros de personalización, xeralmente tratados de forma agregada ou seudonimizada.
d) Datos derivados de servizos integrados, como a información necesaria para xestionar reservas de servizos públicos ou funcionalidades equivalentes cando estes módulos estean habilitados.
e) Datos técnicos, incluíndo enderezos IP, rexistros de actividade (logs), identificadores de sesión e datos do dispositivo utilizados para garantir a seguridade e o correcto funcionamento da Plataforma.
f) Vanse tratar datos agregados ou anonimizados, para o adestramento e mellora da ferramenta.
4. ¿Con qué finalidades tratamos sus datos?
Os datos persoais trátanse conxuntamente polos corresponsables para as seguintes finalidades:
- Permitir o rexistro e xestión de usuarios da Plataforma.
- Facilitar a prestación de servizos turísticos e dixitais ofrecidos a través da PID polos Destinos adheridos.
- Xestionar a interacción do usuario coa Plataforma e cos contidos e servizos dispoñibles.
- Realizar análise, explotación de datos e indicadores turísticos, incluídos estudos de uso, comportamento e demanda, con fins de planificación, avaliación e mellora dos servizos e políticas públicas en materia de turismo.
- Enviar comunicacións, avisos ou notificacións cando o usuario prestase o seu consentimento ou cando resulte necesario para a prestación do servizo.
- Desenvolvemento, adestramento e mellora de modelos algorítmicos e sistemas de asistencia dixital vinculados á
- Plataforma PID con datos anonimizados ou agregados.
- Garantir a seguridade, integridade e correcto uso da Plataforma, incluíndo a prevención de usos indebidos ou fraudulentos.
5. ¿Cales son as bases xurídicas do tratamento?
As bases xurídicas aplicables, segundo a finalidade concreta, son:
-
Misión realizada en interese público (art. 6.1.e RGPD), no marco das competencias do MITUR, de SEGITTUR
e dos Destinos en materia de política turística e dixitalización do sector.
- Ejecución dunha relación solicitada polo usuario (art. 6.1.b RGPD), cando accede a servizos personalizados ou funcionalidades específicas.
- Consentimento do usuario (art. 6.1.a RGPD), por exemplo, para o envío de comunicacións ou newsletters.
- Cumprimento de obrigas legais (art. 6.1.c RGPD).
- Interese lexítimo (art. 6.1.f RGPD), especialmente en tratamentos vinculados coa seguridade da Plataforma, debidamente ponderado cos dereitos do usuario.
6. Quen pode acceder aos seus datos?
Poderán acceder aos datos persoais:
- Os corresponsables do tratamento no eido das súas respectivas competencias.
- Provedores tecnolóxicos que operen como encargados ou subencargados do tratamento, baixo contrato conforme ao artigo 28 do RGPD.
- Administracións públicas ou autoridades competentes cando exista unha obriga legal.
- Non se prevén transferencias internacionais de datos fóra do Espazo Económico Europeo, salvo que se adopten as garantías axeitadas previstas no RGPD.
7. ¿Durante cuánto tiempo conservamos sus datos?
Os datos persoais conservaranse o tempo necesario para:
- cumprir as finalidades para as que foron recollidos,
- manter a relación do usuario coa Plataforma,
- e atender as obrigas legais aplicables.
Posteriormente, os datos serán eliminados ou anonimizados de forma segura.
8. Dereitos das persoas usuarias
Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación, portabilidade, así como retirar o consentimento outorgado, dirixíndose a calquera dos coresponsables:
- Ministerio de Industria y Turismo, a través dos seus canles oficiais ou sede electrónica: https://www.mincotur.gob.es/es-ES/Contacto/Paginas/Contacto.aspx
- SEGITTUR, mediante correo electrónico a DPD@segittur.es
-
, a través dos datos de contacto facilitados na Plataforma.
Os coresponsables coordinaranse para garantir unha resposta única, coherente e dentro dos prazos legais.
Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
9. Seguridade dos datos
Adoptáronse medidas técnicas e organizativas axeitadas para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos persoais, así como para previr accesos non autorizados, perdas accidentais ou tratamentos indebidos.
10. Cambios na política de privacidade
A presente Política de Privacidade poderá actualizarse para adaptarse a cambios normativos, xurisprudenciais ou funcionais da Plataforma. A versión vixente estará sempre dispoñible na web ou APP da PID, indicando a data da última actualización.